OS REIS MAGOS VOLTAN A ARTEIXO

Os Reis Magos escribíronnos unha carta! Sí sí! Eles a nós, a xente de Arteixo!

Na súa carta píden volver a visitarnos o día 5 no Campo da Festa, porque o ano pasado disfrutaron moito recibíndonos, e non queren faltar á súa cita tampouco este ano.

Así que se queres ver as súas carrozas, tirar unha foto preto deles, e levar un pequeno agasallo, reserva a túa cita!!

Escolle a hora que prefiras entre as dispoñibles no despregable. En cada cita podedes acudir un mínimo de 2 persoas (un/unha adulto/a e 1 cativo/a) e un máximo de 5 persoas entre grandes e pequenos/as.