Termos e condicións xerais
A presente iniciativa realizouse a instancia de Concello de Arteixo e por tanto, os datos recollidos e
as normas de acceso veñen determinadas por esta institución, que cedeu e lexitimou a Animación y Even-
tos, S.L. para o tratamento e o desempeño seguro da(s) actividade(s). Estas normas son aplicables para
ambas as actividades: “Visita aos Reis Magos e Carrozas" que se realizará o 5 de xaneiro de 2022 no
Campo da Festa de Arteixo, durante todo o día (de 11:00 a 20:30 horas, aproximadamente).
- As actividades desenvolvidas para o Concello de Arteixo están enmarcadas dentro do programa de
festas e cultura con motivo do Nadal de 2021-2022.
- Os destinatarios das actividades soamente poderán ser residentes no Concello de Arteixo.
- Acceder ao evento, cubrir o formulario e reservar unha participación supón a aceptación explícita
destas Condicións Xerais, do contrato de Tratamento de Datos e da Política de Privacidade. Lea
atentamente a documentación dispoñible na web www.citaconadal.gal. Se non está de acordo, abonda
con que cancele a súa cita e decaerán os dereitos automáticamente.
- A empresa Animación e Eventos, S.L., encargada do desenvolvemento da(s) actividade(s), poderá
requirir aos rexistrados, en calquera momento, proba da súa residencia. En caso de incumprimento por
parte de calquera rexistrado, resultaría da inmediata anulación da súa cita.
- Queda totalmente prohibido tomar fotografías, capturas de pantalla, gravacións ou calquera outra
reprodución total ou parcial dos demais asistentes ou público da actividade.
- O aforo e capacidade de cada unha das actividades é limitado. As peticións serán atendidas en
estrita orde de chegada, determinado pola marca temporal do sistema de reservas utilizado.
- Nin Animación y Eventos, S.L. nin o promotor da(s) actividade(s) son responsables dos comentarios ou
conversacións entre os participantes.
- É responsabilidade do participante cumprimentar os datos requeridos no formulario de inscrición de
maneira correcta e atender as comunicacións posteriores.
- As comunicacións realizaranse por email, sendo ao participante o responsable da súa recepción
correcta, lectura e comprensión. Verifique a súa bandexa de “non desexados” con regularidade.
-
O participante convidado ten a obrigación de presentarse no lugar indicado para a Recepción Real
coas Carrozas Reais, á hora reservada, e cun máximo de 10 minutos de antelación. Unha demora na
acreditación de acceso pode resultar na perda da súa quenda e decaimiento do dereito de
participación.
-
Se durante o desenvolvemento da audiencia ou actividade, os responsables de Animación y Eventos,
S.L. detectan calquera comportamento violento, impropio ou inadecuado, terán a potestade de expulsar
da actividade ao participante sen mediar explicación.
-
As imaxes son propiedade da entidade promotora. Refírase ao contrato de Tratamento de Datos para
coñecer a finalidade dos datos e imaxes recollidos e exercer os seus dereitos.
-
Deberá seguir as indicacións do persoal de coordinación de Animación y Eventos, S.L. en todo
momento.
-
Para a actividade presencial, “Recepción Real coas Carrozas Reais”, é obrigatorio:
- Só se permitirá o acceso á persoa adulta rexistrada e acreditada, acompañada por un máximo
de 4 persoas máis, entre nenos e adultos.
- Esta persoa rexistrada debe acudir identificada e presentar a documentación e acreditación
da reserva da súa cita: DNI e copia da confirmación de cita recibida.
- Respectar a distancia de seguridade.
- Usar máscara en todo momento.
- Usar os dispensadores de xel hidroalcohólico á entrada e á saída. vi. Non producir demoras
nin aglomeracións.
- Seguir as indicacións do persoal de organización en todo momento.
-
Animación y Eventos, S.L. poderá suspender, temporal ou definitivamente a actividade, se considera
que non se cumpren as condicións de seguridade e hixiene necesarias para un normal desenvolvemento,
ou se se detecta que pode haber calquera risco maior.
-
Animación y Eventos, S.L. é unha organización equitativa e igualitaria, polo que non permitirá
ningún comportamento que atente contra calquera persoa, ou que poida entenderse como menosprezo,
menoscabo ou discriminación por calquera causa. A empresa está capacitada para expulsar ou denegar
o acceso se se producise calquera destas situacións ou se considera que hai risco diso.
-
Poderá poñerse en contacto coa empresa responsable, cos seguintes datos. Denominación social:
ANIMACIÓN E EVENTOS, S.L. e-mail: acoruna@animatium.com